Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sesión continua de pinchas para recibir ás dúas rodas

Sesión continua de pinchas para recibir ás dúas rodas
Vaise achegando a cita. QPC publicará esta tarde – noite unha guía útil para non perderse nada do que aconteza mañá coa chegada da Volta Ciclista a España ao Miradoiro de O Ézaro. Pero namentres os corredores continúan dándolle ao pedal por Galicia adiante, nós xa podemos ir celebrando que a Costa da Morte vai ser noticia a nivel internacional, e desta vez non por cousa mala. De festa entenden ben por O Ézaro, i é que nas xornadas de hoxe, mércores 29, e mañá, xoves 30, a parte de atrás da Casa de Pedra acollerá unha festa sen interrupcións por todo o alto. Da música encargaranse os djs Rubén Martínez, Demian McNamara, Fer Fisterra, Brais The Nice e Javi García. Toda unha festa por todo o alto, para que os visitantes e tamén os participantes da Volta repoñan forzas. Pero que non se nos despisten, que isto continúa…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios