Sesión continua de pinchas para recibir ás dúas rodas
12:00 29/08/12
Vaise achegando a cita. QPC publicará esta tarde – noite unha guía útil para non perderse nada do que aconteza mañá coa chegada da Volta Ciclista a España ao Miradoiro de O Ézaro.
Pero namentres os corredores continúan dándolle ao pedal por Galicia adiante, nós xa podemos ir celebrando que a Costa da Morte vai ser noticia a nivel internacional, e desta vez non por cousa mala.
De festa entenden ben por O Ézaro, i é que nas xornadas de hoxe, mércores 29, e mañá, xoves 30, a parte de atrás da Casa de Pedra acollerá unha festa sen interrupcións por todo o alto. Da música encargaranse os djs Rubén Martínez, Demian McNamara, Fer Fisterra, Brais The Nice e Javi García.
Toda unha festa por todo o alto, para que os visitantes e tamén os participantes da Volta repoñan forzas. Pero que non se nos despisten, que isto continúa…
Novas relacionadas
- A Costa da Morte prepárase para recibir o evento deportivo máis importante da súa historia.
- Máis de 150 países verán en directo a chegada ao Alto do Ézaro da Vuelta 2012.
- A Fervenza do Ézaro iluminarase 16 noites do verán.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).