Venres. 11.10.2024
El tiempo

‘The Waylanders’, o videoxogo de rol ambientado no Ézaro e Fisterra, Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG

Imaxe do videoxogo The Waylanders (12) copia
Imaxe do videoxogo The Waylanders
‘The Waylanders’, o videoxogo de rol ambientado no Ézaro e Fisterra, Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG

Coñecímolo en 2020, e non para de medrar. ‘The Waylanders’, o videoxogo de rol creado e ambientado en Galicia pola empresa coruñesa Gato Salvaje Studio, vén de recibir o Premio Iniciativa Empresarial do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Trátase dun xogo de rol clásico, pero cun toque fantástico dos mitos celtas e o oscurantismo dunha era medieval invadida por unha corrupción máxica. Así, narra a historia dun grupo de guerreiros que viaxa no tempo a través da época celta e medieval e que ten localizacións nas contornas naturais do Ézaro (aparece case ata o Vákner) e Fisterra, ademais de a Torre de Hércules e na Catedral de Santiago.

O xogo arrinca nunha lenda irlandesa que conta que os fundadores de Irlanda saían de Galicia.

Imaxe do videoxogo The Waylanders (9) copia

O director creativo da compañía, o coruñés Sergio Prieto, recollerá a distinción na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 1 de xullo en Santiago.

Novas relacionadas

Comentarios