Xoves. 18.04.2019
El tiempo

Un Nadal iluminado en Dumbría

Un Nadal iluminado en Dumbría
Iluminacion de Nadal no Ezaro Iluminación de Nadal no Ézaro

Xa está a iluminación de Nadal prendida en Dumbría. Todas as parroquias terán ata o 7 de xaneiro un pouco de luz para gozar destas fermosas datas.

Pero hai moitas cousas que luz no concello dumbriés, cun programa que arrinca o mércores 26 de decembro con varios obradoiros infantís de manualidade no Ézaro e no Conco.

A Festa Infantil de Nadal do Concello de Dumbría celébrase o xoves 27 de decembro no Conco, con Obradoiros, manualidades, animación musical coa discoteca infantil de Garabato de Xogo. A festa comezará sobre as 11:00 h e prevese que remate ás 17:00 h. Hai que inscribirse antes do día 20 aberto (podes descargar a autorización no blog Dumbriaeclutura) e haberá ata servizo de autobús para recoller aos nenos/as polas parroquias.

Continúa a programación o 28 cos obradoiros infantís en Olveira e Berdeogas, e o 2 de xaneiro en Buxantes e Bustelo.

Comentarios