Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha saraibada fugaz provoca un novo accidente na AC-552

Unha saraibada fugaz provoca un novo accidente na AC-552
Corrían as 19:30h da tarde deste mércores 16 de febreiro de 2011, cando unha saraibada fugaz paralizou a vila de Cee. Foron apenas un par de minutos pero dunha intensidade brutal, que produxo diferentes estragos materiais e, sobre todo, moito perigo nas estradas. De feito, os últimos 4 quilómetros de comarcal AC-500 antes de chegar a Cee tinguíronse de branco. Ata un coche sufriu un accidente aínda no termo municipal de Dumbría e quedou volcado no medio da estrada. De feito o accidente tivo lugar no km.81, o mesmo punto negro do accidente do 31 de xaneiro e do pasado 3 de decembro de 2010.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios