Unha visita ao Balcón da Costa da Morte


Aló enriba, case no cumio da Costa da Morte (só á Moa supera os 520 metros de altura deste lugar), onde existe un vértice xeodésico, está o radar do control marítimo da Costa da Morte. Un lugar, no Concello de Dumbría, case no linde co de Zas, ao que soemos chamarlle o “Chan das Lagoas”, pero segundo nos asegura hoxe o investigador Modesto García, este topónimo non é o correcto.
O propio "Chan das Lagoas" está a uns dous quilómetros máis o sur, onde existen os restos de dúas lagoas e o nacemento do río Hospital. Modesto asegura que “o nome correcto deste cumio é "Alto da Cruz de Cabral" porque o sainte, e preto da estrada de Baíñas había un caserío (desaparecido) coñecido como "Cabral" que só se conserva un bonito cruceiro”.
El teno claro: o nome máis atractivo deste paraxe sería chamarlle ”O Balcón da Costa da Morte” porque divisa desde o entorno de Malpica ata Corrubedo; pasando polo Val de Soneira e as Terras do Xallas, e mesmo ás veces, o Pico Sacro e o Monte Pedroso, xa na zona de Compostela.
Modesto tamén nos comenta que a torre de control marítimo é unha das máis modernas do mundo, i é que o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra é unha das que máis traballo ten.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: O Chan das Lagoas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).