Volve o volei á praia do Ézaro con cursos de verán para nen@s a partir dos 8 anos

11:10 18/06/21
Este verán teremos probas do circuito galego e estatal de Volei Praia no Ézaro. Pero antes damos conta dos cursos de iniciación e perfeccionamento que o club Volei Dumbría e o Concello dumbriés abren para este verán.
Está pensado para nenos e nenas a partir de 8 anos, para desenvolver luns, martes e xoves de xullo e agosto, de 11:00 a 13:30h.
Poden contactar por email en voleydumbria@gmail.com.