Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xaime Trillo e Alba Cambeiro presentaron a súa candidatura para recuperar o posto do BNG no pleno de Dumbría

Presentacion BNG de Dumbria 2023
Xaime Trillo e Alba Cambeiro presentaron a súa candidatura para recuperar o posto do BNG no pleno de Dumbría
Artellou o BNG de Dumbría unha asemblea o pasado sábado no Edificio Bitácora do Ézaro. Unha reunión aberta, en presenza de Bieito Lobeira e varios compañeiros do BNG comarcal como Oscar Insua (Corcubión) ou César Pérez (Cee), pero tamén xon xente da zona.

O candidato á alcaldía Xaime Trillo deixou patente que “non imos facer unha diatriba contra Pequeño Castro e o seu legado, iso é pasado e nós vimos a falar de futuro”.

Así o refrenda a súa gran fichaxe, a activista e fotógrafa Alba Cambeiro, unha rapaza que desprende talento e compromiso en todo o que realiza.

O debate aberto foi moi interesante, participando xente da zona.

Novas relacionadas

Comentarios