Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xosé Touriñán: “Sempre que podo veño airear a cabeza á Costa da Morte”

Xosé Touriñán: “Sempre que podo veño airear a cabeza á Costa da Morte”

Xa o vimos nun torneo na Picota e xogando ao fútbol praia na multifesta do Ézaro . I é que este pedazo de crack da televisión galega é un habitual da Costa da Morte.

A familia veranea dende hai moito tempo na zona e el non dubida en pasar uns días polas nosas praias. Ademais trae consigo a toda a tropa de Tourilandia, que, por certo, volveremos a ver a partir da terceira fin de semana de setembro, segundo nos confiesa. Falamos con el e nos trata con elegancia, e co saber estar dun figura:

  • QPC: Buenas Touri. A verdade é que ultimamente vémoste moito pola zona. Mazaricos, Ézaro, na festa de Santa Comba... Tes relación directa coa zona?

Pois a verdade é que familia non teño, pero teño moitos amijos na zona do Ézaro, Caldebarcos, Lira... Xa ía cos pais cando era chaval, dende hai máis de 15 anos, e agora sigo indo ca muller e ca nena, sempre unha semana ou 15 días no verán e se podo, un pouco tamén en semana santa.

A verdade é que encántame a zona de Lira, Lariño, Carnota, Caldebarcos, Ézaro... E bueno, como teño moi bos amigos na Casa da Crega, pois sempre presta achegarse por aquí.

  • QPC: E como foron estas aparicións estelares no céspede da Picota e no areal do Ézaro?

 

Pois o de Mazaricos foi unha historia que estaba pendente de hai un ano. En Carral sempre facemos un partido os da tele e os veteranos do Depor, e este ano estaba pendente trasladalo a Mazaricos por Fede Pérez Martínez, que é do Pino do Val. Foi unha experiencia boísima!

E o do Ézaro foi unha casualidade. Como temos aí a Alberto, dende a Crega, que levaban sendo campións 3 anos, invitounos e xa lle dixemos que lle íamos gañar. Pero bueno, tocáronnos de primeiros e xa nos botaron... Aínda así pensamos que ían ser peor, e bastante lles apretamos e só nos gañaron 4-2.
Pero a verdade é que xa costa andar en sólido, e na area... case afogo. Tamén sería unha vergonza, ir ao Ézaro e afogar na area e non no mar... Cando estaba en forma non me acordo de xogar e me poño agora de vello... Xa non dá o corpo...

Non, en serio, foi moi divertido, esas festas da praia están moi ben, ten un ambiente moi chulo. Xa levo anos vindo e repetirei.

  • QPC: Que cousas son as que máis che prestan da Costa da Morte?

 

Toda esa zona de é un sitio marabilloso, para descansar, estar tranquilo e airear a cabeza. E claro, cómese moi ben, que eu disfruto moito da comida... xa se me nota...

A comida e a tranquilidade son as cousas que máis pesan para decidir onde imos de vacacións, e aquí as dúas saen con nota!

  • QPC: E como responde a xente de aquí? Parece que o tirón das Cantareiras de Ardebullo non decae... Xa nos contan por aí que cada vez que vés non paras de posar, con moita paciencia, a facerte fotos con todo o mundo...

 

Que va!! Non hai que sacar demasiadas, e ademais, vai co choio!!! De tódolos xeitos, hai momentos para todo, e tamén é un xeito de agradecerlle á xente que está aí, ao outro lado. Que menos que sacar unha foto. Que por certo, bastante máis lóxico que un autógrafo, que nunca entendín para que vale... Nunha foto aínda se ve que estás con el, pero ter unha firma na casa...
O que si que debe estar que lle bota fume a cabeza é ao que se lle ocorreu meter a cámara de fotos no móbil...Máis que nada porque a xente ás veces non sabe como utilizala e bota media hora para sacara unha foto... jejeje

Pero a verdade é que dá gusto a xente de aquí. É xente normal, coa que se pode estar tranquilo. A nós sempre nos reciben moi ben, sempre moi amables.

  • QPC: E bueno, ti, agora en que proxectos andas?

 

Pois vimos de acabar de grabar a temporada nova de "Era Visto". E xa temos na cabeza algunha cousa que se cadra non poderei facer, pero non se debe contar... Igual sae algo de cine... que xa lle teño janas. A verdade tamén me gusta probar todo... digo a nivel profesional, que non me entendan mal... e o do cine era o que me faltaba, tras facer teatro e moita tele, e pode ser que agora sexa a oportunidade. A ver se sae, pero é unha cousa que aínda non está confirmada.

  • QPC: E Tourilandia que? Volveremos disfrutala para esta temporada?

 

Pois si!! Volvemos na última semana de setembro. Aínda non está confirmado pero seguramente será de novo os xoves, polo menos ata o nadal. E voltamos con toda a tropa de sempre, e algunhas caras novas, algunha novidade, algún cambio... pero seguindo a liña de risas de sempre.

  • QPC: E daquela, poderemos verte de novo pola nosa bisbarra para o ano, non?

 

Sempre, seguro! E se non é para o ano no verán, que iso fijo, seguro que en semana santa, e aínda antes de acabe o mes aínda terei que ir a ver a subida ao Ézaro da Volta! Invitáronme a subir en coche, pero aí seguro que non se ve nada... Paréceme que vou acampar nunha cuneta por aí pola subida ao mirador e a disfrutar!!

Touri na Costa

Outras novas

Fonte

Comentarios