Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preparando a homenaxe á Meiga Santa Comba da Festa Celta xalleira

Preparando a homenaxe á Meiga Santa Comba da Festa Celta xalleira
Festa Celta Santa Comba 2014

O éxito destes anos de organización da Festa Celta de Santa Comba obrigan a armar un programa cada vez máis intenso. Unha das festas históricas da zona encherá a noite deste sábado 21 de xuño de lume e meigas.

Haberá de todo pois dende ben cedo pola mañá teremos aberta a Feira de Artesanía, con postos do selo oficial Artesanía de Galicia e artesáns da comarca ademais dunha exposición no Museo Terra do Xallas.

Pola tarde haberá teatro infantil, ás 19:00h na Escola Municipal, e a partir das 20:00h comeza a troula. Prenderanse as grellas para a degustación da Carne do Xallas a prezos populares, xusto despois do espectáculo de cetrería e dunha interesante performance poética da escola municipal de teatro.

Despois de cear, teremos espectáculo de música tradicional local, para arrincar ca Noite do Lume a partir das 0:00h. Menudo espectáculo que nos espera, cheo de fantasía, desfile de antorchas, teatro de rúa cos errantes de Troula Animación, os Cabaleiros Ecuestres do Xallas, o Desfile de Fachos e a Homenaxe á Meiga Santa Comba na rotonda.

Pechará a festa o espectáculo de lume e son co Mago Queimán e o Gran Conxuro da Queimada.

Feira Artesania Sana Comba 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios