Venres. 29.03.2024
El tiempo

10 horas de house e mafia en Fisterra

10 horas de house e mafia en Fisterra

O vindeiro 16 de abril, as NNXX de Fisterra, que continúan falando de saúde cos maiores do Concello, van organizar o I FESTIVAL FINISTERRAE HOUSE, destinado aos mozos coa participación de Dj de recoñecida traxectoria. A cita está patrocinada polo Concello de Fisterra e pola Discoteca Zona Zero. E precisamente alí quentarán motores este sábado 26 o trío de pinchas de moda na Costa da Morte: os djs Fisterras Mafia.

Será o I festival organizado na Costa da Morte con 10 horas de música house e inaugurando o mesmo unha exhibición de motos e quads. Pero antes do festival todos aqueles que queiran poderán formar parte dunha ruta turística organizada pola vila do Cristo. E para os máis pequenos estanse planificando diversos talleres para o mes de maio.

A cita será o sábado 16 de abril no Campo de Fútbol cuberto de Sardiñeiro, e a entrada custará tan só 3€, do que 1 vai destinado á Asociación española contra o cancro. E ademais, a partir das 22:30h haberá un "Espectáculo de motor con jaque stunt" na zona coa Factory móvil dando caña con láser, cañón de humo, confeti e gogos.

E un dato: haberá servicio de autobuses gratuíto desde Fisterra e Cee ata Sardiñeiro.

Djs de todo o planeta

Chegarán pinchas de todo o mundo. Un dos destacados, ademais dos fisterráns, claro, é o serbio Vlada Asanin (crystal sound records). Tamén estarán os Residentes en Discoteca Oh! Coruña, HARD ELEMENTS, Assaislant vs Dark Bass. 0 Neme aka secretario da mente, Miki Caamaño, Rubén Martínez (residente no Pub Venus), Nimi Deejay (da Zona Zero) e Dj Telo. Ademais, Dj Rakso, coa súa Factory Mobil porá o broche á festa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das NNXX de Fisterra.

Comentarios