Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O house fisterrán ao asalto

O house fisterrán ao asalto
Fisterra´s House Mafia. Nome de cine para crear unha revolución musical na Costa da Morte. I é que pouco a pouco a Costa vai aparcando a verbena e achegando ás músicas electrónicas. E hai máis cousas que o "dance maquinero" de moda. Por Fisterra, piden house. Pois dúas tazas, apuntan o trío de deejays de moda na vila do Cristo. Brais The Nice, Fer Fisterra e Pana son Fisterra´s House Mafia. Eses son os nomes de guerra de Brais Pichel, Fernando Rivas Lago e José Manuel Velay, que partindo dende o Pub Titanic xa extenden a súa música por toda a bisbarra.

Ao asalto do Arena Sound

Pola bisbarra e por toda a península. I é que Fer Fisterra está a participar no Concurso de Djs do Arena Sound. Un dos festivais máis impotantes do país, que se celebrará en agosto en Castellón, e que busca os pinchas máis singulares da xeografía española. Aló, pola fin do mundo, parece que hai algún dj con gañas de éxito...

Para votar a Fer Fisterra

O primeiro que hai que facer é darlle a "Megusta" no Facebook do Arena Sound. Despois hai que entrar no propio Concurso de Arenasound.com, e conectarse co Facebook permitindo que conecten ambas aplicacións. Aí xa podes votar a Fer como o mellor Dj do Arena Sound 2011. A día de hoxe, 23 de febreiro de 2011, o fisterrán está entre os 15 máis votados de toda a península. Xa ten case que 200 votos, e coa nosa axuda poderá situarse entre os favoritos.

Fichados por un selo discográfico

E a grande nova saltaba estes días cando dende o Facebook nos anunciaban que o grupo acaba de ser fichado polo selo discográfico Voch Records. Trátase dun selo internacional de música electrónica que se adica ao tech-house. Un gran salto para os pinchas fiserráns. Pero non o único.

Vindeiras citas

Xa teñen varias actuacións pendentes como a do propio Entroido de Fisterra, onde amenizarán a festa do sábado 5 de marzo. Pero antes o mesmo venres 4 de marzo estarán na discoteca Zona Zero de Cee!! Aquí vos deixamos cunha sesión:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios