2 fisterráns entre os finalistas do Campionato de San Humberto


Esta pasada fin de semana fixo presenza o bo tempo e con el tivo lugar a disputa do IV Campionato San Huberto Cabo Fisterra nos terreos do tecor Prado do Salgueiro, proba puntuable para a copa Galicia da modalidade.
17 eran os competidores que se deron cita para disputar en Fisterra este importante torneo; repartidos en dous campos e xuzgados por tres xuices ; desenvolveron cada un o seu turno. Os xuices terminado este deron a clasificación dos 6 mellores que pasarían a final, estando entre eles dous fisterráns. Tras disputaren a final os xuíces volvían a pronunciarse para dar nesta ocasión a clasificación final; quedando esta da seguinte maneira:

- 1º e campíón da proba: Roberto Dopico Dopico coa súa pointer Easy de Carpegut.
- 2º Jose María Carnota e o seu setter Halcon de Reynadama.
- 3º Juan Jose Canosa coa súa pointer Z da Chousa.
Cómpre destacar tamén na clasificación o 6 puesto do fisterrán Jose Canosa co seu pointer Lasco da Chousa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).