6 novos edificios da Anchoa son declarados ilegais


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular as licenzas de 6 edificios e 168 pisos na recta da Anchoa. A principal razón segue a ser que o sanemanento non estaba executado no momento da concesión da licencia, como nos outros casos de paralización de obras.
Dada a falta dos servizos básicos, o Concello non debería ter considerado a Anchoa "solo urbano consolidado" ao outorgar a licencia.
É esta unha nova consecuencia da especulación inmobiliaria na zona. I é que a construción aumentou un 444% entre 2004 e 2007. Desta volta, os fallos afectan ás promotoras L-Tres Investimentos (18 pisos), Poalsa Inmobiliaria, SL (18), Campoalsa (44), e Investimentos Praza Garden (88).
Pola súa banda, o alcalde fisterrán, José Manuel Traba, considera que a sentenza se debe a motivos electorais: "é un tema recurrente en determinados medios por motivos electorias. Só se trata de 4 detalles que son facilmente solventables, xa que se trata dun tema meramente administrativo porque o sanemanento está en execución e non executado".
Nesa liña, a Fiscalía formada polos xuíces asinantes das denuncias, aseguran que "é irrelevante que a efectos de axuizar a conformidade a dereito da licenza litixiosa, pois a súa aprobación non tivo lugar, segundo recoñece a parte apelante, ata o ano 2006, e polo tanto con posterioridade á concesión da licenza".
Traba argumenta que "os edificios cumplen a normativa dentro das normas subsidiarias do Concello de Fisterra. E remata con contundencia que "o derrube sería a última opción e nós nin a contemplamos".
Novas relacionadas
- 19-10-10: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 25-09-10: Anulan a licencia de dous edificios na Recta da Anchoa .
- 27-03-09: Anulada a licencia dunha obra da recta da Anchoa.
Outra información
- A Casa de Lola de Andrés, un documental de Olaia Sendón sobre a especulación urbanística en Fisterra.
Fonte
- EL País.
- Radio Nordés - Cadena Ser.