A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero
 
    12:39 26/11/10 
             Numerosos actos se desenvolveron ao longo da Costa da Morte polo Día  Internacional contra a Violencia de Xénero. Varios dos concellos da  bisbarra acollían concentracións, charlas... actos en todo caso moi  emotivos, e que chaman á concienciación xeral de que a violencia de  xénero non pode quedar no silencio.
Deixamos á elección dos  lectores a idoneidade de que este tipo de Días teñan lugar, e lembramos a  máis que interesante aportación dunhas das mulleres que máis peso ten  na bisbarra, como é Susana Alvite que no seo Soliloquio reflexiona sobre o positivo e negativo destas datas sinaladas.
Polo de pronto imos repasando os actos que tiveron lugar onte na bisbarra.

En Cee, "Menos recursos, máis desigualdade"
 Este  era o lema da concentración convocada pola Asociación Feminista  Buserana en Cee. Un centenar de persoas do concello ceense e do veciño  corcubionés, participaron na xuntanza, na que se procedeu á lectura  dunha historia real, e do manifesto da asociación, en contra do recorte  das administracións en materia de servizos sociais.
Podemos ver tamén na Galería os carteis gañadores do II Concurso de Carteis de Cee.

En Camariñas, unha flor por cada vítima
 Máis  dun centenar de persoas asistiron onte en Camariñas, á concentración en  contra da violencia de xénero que organizou a  Asociación de Mulleres  de Camariñas pola Igualdade. O acto consistiu na lectura dun breve  manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de  absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vitimas da  violencia de xénero no que levamos de ano.
Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puseron unha flor por cada unha das 64 vítimas deste  ano ao tempo ca presidenta nomeaba as vitimas unha a unha. Despois dun  sentido aplauso pechouse o acto coa soberbia actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas,  que por primeira vez e en honor a causa interpretaron, traducida ó  galego, a coñecida canción contra o maltrato de Amaral, "Salir  corriendo".

Panos morados en Vimianzo
 Ademais  de engalanar o edificio do Concello con globos, as mulleres do Concello  vimiancés levaron panos morados coa inscrición “Vimianzo contra a  violencia de xénero polos establecimentos do centro da vila, poñéndoos  nos coches e en todo aquel que se cruzara. Ademais, ás 12:00h  parouo  Concello e se procedeu á lectura dun manifesto.

Pegada de mans en Ponteceso
 Este  cartel reflicte o sentir da sociedadede Ponteceso ante o problema.  Ducias de mans encheron o cartel para dicir "NON" á violencia de xénero.  O acto tivo lugar na Praza do Relleno en Ponteceso e acodiron medio  centenar de persoas. O minuto de silencio foi moi emotivo.

Novas relacionadas
- A Costa da Morte abre os ollos contra a Violencia de Xénero.
- Os carteis da non violencia.
- O Soliloquio de Susana Alvite sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Outro día máis sen razón de ser.
- 16-09-10: Un home asasina á súa muller a martelazos en Ponteceso.
- Concentración 25N-2009: Na procura das "ferramentas contras as raíces da violencia".
- Concentración 25N-2008: Sementando unha Costa de non violencia.
- A voz da Muller de Camariñas.
- Novos obradoiros de igualdade nos centros de ensino de Camariñas.
- Cee convoca o III Concurso de Carteis contra a non violencia.
- Camariñas implícase pola igualdade a base de fotos.
- Loitando contra o Fermento do silencio.
- A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal ).
- Fotografía do acto en Cee de Marcos Rodríguez.