venres. 02.05.2025
El tiempo

A Feira de Inverno de Fisterra enche o Mercado de artesanía

A Feira de Inverno de Fisterra enche o Mercado de artesanía
Feira de Inverno no Mercado municipal-Fotos de Darío Gómez Imaxe da Feira de Inverno no Mercado municipal do ano pasado-Fotos de Darío Gómez

No marco do Nadal teatreiro fisterrán, a III Feira de Inverno será un dos reclamo para visitar a vila do Cristo estas datas. Xa o ano pasado a Feira foi todo un éxito marcado polo ritmo dos Cabezudos, e desta volta a intención é manter a intensidade.

A Feira, situada no Mercado Municipal, abrirá este luns 18 de decembro, con máis de 11 postos de artesanía, textil, complementos, decoración, cosmética, xoiería, pintura, artigos de segunda man, entre outros.

Abrirá as súas portas o luns 18 de decembro, ás 10 da mañá, e o seu horario será de luns a sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 horas, agás o domingo 24 que abrirán en horario de mañá.

Asemede, o luns e mércores pola tarde haberá obradoiros de centros de mesa de Nadal (previa inscrición) e o sábado 23, ás 18:00 da tarde, a visita do APALPADOR acompañado con música para todas as familias.

Teatro cos Rapacollóns

Ademais, o vindeiro domingo 17 hai cita cos Rapacollóns e o peche do seu programa de outono, e farano coa obra do “Taller de Iniciación ao teatro municipal” que imparte Marta Lado. A partir das 20:00h no Salón de plenos do Concello.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios