Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A mocidade pondaliana comparte experiencias

A mocidade pondaliana comparte experiencias
Compartindo experiencias na Fundacion Eduardo Pondal Compartindo experiencias na Fundacion Eduardo Pondal

Ilusionante a sesión que este pasado sábado se vivíu na Aldea do Couto da man, como non, da Fundación Eduardo Pondal. “Compartindo experiencias” foi nova cita na que a mocidade emerxente é protagonista. Unha sesión apoiada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal, que consistiu en establecer un espazo de traballo e diálogo entre a xuventude, un foro de encontro e de intercambio de experiencias.

Foi un veterano como José Luís Rabuñal Patiño, avogado de profesión e ornitólogo de alma, o que comezou contando a sua historia. A partir de aí, despois do almorzo saudable na lareira da Fundación, e baixo a coordinación de Tamara Lema Rodríguez, a xornada derivou polos camiños da solidariedade, do audiovisual, das ciencias, do mundo dos festivais ou do medio ambiente.

Así, foron pasando a contar a súa historia as xentes do IES Fin do Camiño de Fisterra coas súas campañas solidarias, os singulares Premios Fouciño de Baio, as Aulas Científicas "Isidro Parga Pondal”, o Festival V de Valarés ou a aula de Voluntariado ambiental Monte Branco.

O punto final foi en clave musical, todos da casa. Saltaron os folqueiros de Oîma; despois toucoulle o turno ao pop da man de Clara Amado e Ana Sánchez, para que os Not only Shilts puxeran o broche de ouro ao máis puro estio R&R.

Todos destacaron a importancia de que a mocidade complemente o seu currículo académico co desenvolvemento de actividades de educación non formal. “A participación en proxectos de educación non formal fomenta a adquisición de valores positivos, como o traballo en grupo, a responsabilidade, a comunicación, o sentido da iniciativa e a autoconfianza”, engadiu a responsable da Xunta Cecilia Vázquez.

Compartindo experiencias na FEP

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios