A plataforma fisterrá denuncia no novo boletín que a vila siga sen Oficina de Información Turística

20:46 17/09/10

Oficina de Información Turística
Cómpre lembrar que falamos do 2 punto máis visitado do país e non conta cun punto de información turística axeitado, como xa denunciamos no seu día neste diario na sección Necesidades do Camiño. Así, neste número a Plataforma fisterrana denuncia o incumprimento das promesas do Concello de Fisterra no que respeta á instalación dun punto de información turística na vila. Segundo á plataforma, "os esforzos que se ían facer neste senso quedaron en palabras e non se fixeron realidade". Vai máis alá considera "unha vergoña que un lugar como Fisterra, fin do camiño e segundo lugar máis visitado de Galicia, careza dun punto de información onde os numerosos visitantes e peregríns podan acceder a unha información detallada do patrimonio, historia, lugares de interese, oferta turística etc" Asimesmo lembra ao Concello que non cumpriu coa promesa de facer un esforzo por dotar un espacio para elo e pola creación dunha guía propia da vila, polo que segundo a observación que eles fixeron durante o verán, seguen os visitantes a queixarse pola falta de folletos, guía, mapas etc como acontece en calquera lugar que se precie de vivir do turismo.Horarios nos albergues
Asimesmo súmase a unha vella reivindicación na vila en canto á ampliación do horario de atención ao peregrino, tendo que resignarse cada día a ver como decenas de peregríns teñen que solicitar os cuños aos establecementos cercanos por verse coa porta pechada do albergue público, este ano incluso en obras en pleno agosto, cando chegan camiñando á vila. A falta de instalación dunhas mesas e sillas nun lugar á sombra no lateral do edificio do albergue, como prometeu facer o concello, e que iría pensado para que os peregríns poideses descansar mentres non eran atendidos tamén quedou en palabras, polo que o desencanto da Plataforma neste senso e total. Aseguran sentirse "decepcionados e contrariados", pois non entenden como algo que vai en beneficio de toda a vila segue a ser unha utopía, cando podía ser feito sen ocasionar moitos gastos en un breve espacio de tempo.Queimas no Cabo
A Plataforma aporta solucións para evitar a queima descontrolada das roupas dos peregríns no Cabo, pois considera que aínda sendo unha imprudencia o incendio acontecido fai poucas semanas, pódense aplicar solucions para evitalo como:- Ampliación do lugar preparado para a queima.
- Creación dun protocolo de vixiancia e limpeza diaria do lugar.
- Indicadores que avisen do perigo de non facelo nos lugares adecuados para elo.
Seccións fixas
Todo esto e outras sección xa fixas do boletín aparecen nesta revista que xa se escomenza a consolidar fortemente na vila. Seccións como Voces do Camiño, O divino e o pagano (neste número a chegada dos celtas a Fisterra), A hora do mate (con un especial ao grupo de Folk. da vila A cruz de Baixar), seguen a encher esta pequeño boletín do que xa se proxecta para o 2011 convertilo en revista, con máis contidos, novo formato, etc..En breve no blog
En breve poderán descargalo tamén dende o seu Blog Fisterra Fin do Camiño.Máis información
Novas relacionadas
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
- De como descuidar unha Oficina de INforamción Turística.
- As lapas cercan o Faro Fisterra.
- Xa na rúa o 2º Boletín Km.0 da Plataforma veciñal de Fisterra.
Fonte
- Nota de prensa da Plataforma Fisterra, único fin do camiño.