A praia de Nemiña amence regada de centos de galletas de chapapote

09:21 15/03/16

Unha vez máis, a marea baixa descubríu as vergonzas dos areais costeiros. Desta volta foi a Praia de Nemiña, en Muxía, (tamén se viron na praia do Rostro, en Fisterra) a que amencía na mañá de onte luns, 14 de marzo de 2016, regada por centos de galletas de chapapote.
Mariñeiros da zona non acertan a saber se se trata dun “sentinaso” ou se aínda falamos das galletas do Prestige, 13 anos despois.
Podería ser que un barco da zona tirasen ao mar o combustible sobrante que non queima de todo e que vai quedando acumulado no motor.
Pero tamén podería ser que as vellas pantasmas do Prestige, que estiveran ben enterradiñas, saísen á flote co mar de fondo, como leva acontecendo todos estes anos nas praias da volta.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: O Tribunal Supremo condea a dous anos de prisión ao capitán do Prestige por dano ambiental.
- Novembro 2015: #13anosdoPrestige…
- Decembro 2013: Crebas en forma de chapapote nas praias de Fisterra.
- Febreiro 2013: Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Xullo 2012: Limpando os grans de area.
- Maio 2011: Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).