Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Rúa Real, a arteria peonil de Fisterra

A Rúa Real, a arteria peonil de Fisterra
A Rua Real de Fisterra

Necesita Fisterra unha zona de viños, unha rúa das de sempre, que sexa un espazo para as persoas, no que as terrazas e as tendas rouben o protagonismo aos coches. En Fisterra, hai unha que ten nome de rúa de viños. A Rúa Real ten que ser a arteria a través da que vila do Cristo volva ser un referente en materia de ocio.

Así o refrenda a apertura de novos establecimentos nunha rúa onde xa hai outros bares que piden un espazo sen coches dende hai anos. Como prestarían as terraciñas da Galería, de Etel&Pan, a do Lecer… sen temer que un coche se te meta enriba…

Que vos parecería unha praza da Constitucion de Fisterra sen coches?

A proposta de varios dos establecementos da zona sería peonizar a rúa Real e mesmo non permitir a entrada nin o aparcamento de coches ata a Praza da Constitución, devolvéndolla aos cativos. Porque pedir que se peche aso dos vehículos motorizados a todo o Casco Histórico parece demasiado.

Pero nestas cousas sempre hai opinións para todos os gustos. Serán moitos os veciños que se neguen en redondo a non poden pasar cos vehículos ata a porta das súas casas. En todas as vilas acontence. En Corcubión está a pasar coa media peonización da Rúa Rafael Juan, en Carballo apostan pola retirada dos vehículos da rúa Colón, e nun primeiro momento sempre hai reticencias.

Pero nós apostamos polas terrazas antes que polos coches.

Habería, iso si, que buscar alternativas de apartamento. Un asunto que non é sinxelo, pois sobre todo en verán aparcar está moi complicado na vial do Cristo. De feito, ultimamente non se permite nin aparcar na zona portuaria, e mesmo están poñendo multas, de aí que se valore a posibilidade de negociar con Portos de Galicia a cesión dalgún terreo portuario para adecualo a zona de aparcamento.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios