Moitas veces son os propios veciños os maiores inimigos dos pobos peatonais. Que se aparcar ao lado da casa, que se ter que cagar a compra... Unha morea de razóns para facer que os alcaldes non se atrevan a peatonalizar cascos urbanos.
Son varias as vilas da bisbarra con esa problemática. Corcubión ten un casco histórico provilexiado, pero a cantidade de vehículos que o atravesan impiden que se respire tranquilidade. En Laxe hai que atravesar o arco da praza central para atravesar a vila..
Algo semellante ocorre en Fisterra, onde algunha das prazas serven máis como aparcadoiros que como prazas. Así ocorre coa Praza da Constitución, onde remata a Rúa Real de Fisterra. I é que a esta rúa non é peatonal, pero
a veciñanza fisterrá semella que quere cambialo.
Así dende a rede social de Facebook, veciños da vila do Cristo veñen de crear un Grupo que se chama
"Que la calle Real de Fisterra sea peatonal". O seu interese é claro:
"que a rúa real sexa un pase de compras e ocio familiar".
Hai quen vai máis alá como o veciño Xoán Silva Pazos, quen apunta que "
o lóxico é que o Casco Histórico de Fisterra, un dos máis fermosos e emblemáticos da Costa da Morte e pode que do país, estea pechado ó paso dos vehículos motorizados". A utilizacións detarxetas de residente para que os veciños poidan entrar a determiadas horas fai que a proposta non sexa, nin moito menos, descabellada.
Mobilizándose a través da rede
Bo momento este para solicitar a peatonalización da rúa, uns meses antes das eleccións municipais. E ollo co modelo de protesta, alonxado da manifestación pública de toda a vida. I é que
as mobilizacións a través das redes sociais xa son un auténtico motor social e político.
E boa nota terán que tomar os concellos e os grupos políticos de cara a estas eleccións.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).