Sábado. 28.05.2022
El tiempo

A Semana Santa de Fisterra 2014 xa ten cartel

A Semana Santa de Fisterra 2014 xa ten cartel
Semana Santa de Fisterra 2014-Cartel

Coma sempre, e xa pasado o intenso Nadal, a Costa da Morte pensa na Semana Santa. Xa temos o cartel da Mostra do Encaixe e hoxe podemos anunciar o cartel da Semana Santa de Fisterra para este 2014.

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra presentaba o cartel deste ano 2014 o pasado sábado 11 de xaneiro, nun acto celebrado na igrexa parroquial de Santa maria das Areas de Fisterra. O acto durou uns 40 minutos onde o Presidente e o portavoz da Xunta así como o Alcalde do pobo expresaron unha breves pero concisas palabras sobre o cartel, o seu significado e a importancia da nosa semana santa.

"Todos unidos debemos camiñar para que se recoñeza a Semana Santa de Fisterra como o que é, unha Semana Santa única en Galicia formada por personaxes viviente e imagenes que compoñen os actos da semana datando algúns dos actos da Idade Media", explicaron os responsables da Xunta de Confrarías, demostrando, unha vez máis, que a unión fai a forza.

Xunta de Confrarias de Fisterra na Igrexa Santa Maria das Areas-Foto-Jose Fernando Carrilo Ugarte

Fisterra en FITUR

Falaremos da disgregada presencia costeira na Fitur, pero adiantamos que a Semana Santa de Fisterra estará presente na Feira Internacional de Turismo, Fitur, de Madrid, que se levará a cabo do 22 ao 26 de xaneiro. Alí Fisterra promoverá os actos da súa semana de Paixón a través do cartel gañador deste ano, deseñado por Carlos Fariña, e deste vídeo. que tamén se proxectou durante o acto de presentación do cartel:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios