A Semana Santa de Fisterra colgou o cartel de completo


Aínda queda a chegada da Panorama e o luns de Pascua, o luns máis local coa troula final para que os veciños da vila do Cristo disfruten do éxito, un ano máis, desta Festa de Interese Turístico Galego. I é que a valoración da Xunta de Confrarías é “extremadamente positiva”, despois dunha semana de troula e fe por todos os costados.
Arrincaba a Semana Santa ca ca estrea da Boriquita e a pesar de quedar salpicada pola traxedia do falecemento do neno de 8 anos, as procesións tomaron protagonismo e fixeron que houbese moitísima xente, “os veciños apunta que dende hai moitos anos que non había tanta xente”, coméntannos. Ademais, e dando conta dun dato importante, economicamente falando, a “ocupacion hosteleira estivo rondando o 100%”.

Ademais, o tempo espectacular durante toda a semana, o que permitiu que non se tivese que suspender ningunha saída. Coma sempre, a atención estivo nas dúas procesións do Venres Santo, cas rúas ateigadas, e na mañá dominical, con esa representación da Resurrección, a cita que máis fregueses e turistas recibe.
Estivo o domingo do Cristo marcada pola presencia do Obispo de Santiago de Compostela, que disfrutou dunha representación perfecta, que ademais de contar con ducias de veciños como protagonistas, a traca de bombas estreaba empresa pirotécnica e mesmo houbo fogos de cores verdes e vermello.
Así, co pobo cheo, Fisterra agarda por un remate ideal para a Semana Santa 2015.


Novas relacionadas
- 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa.
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- A retranca, polas veas de Fisterra.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).