"A voz que temos en Fisterra non a teñen por aí"

11:51 08/04/11

Cantar si, pero sobre todo convivir
Para que nos decatemos da incidencia do Festival da Canción dos colexios de Hermanos de la Sagrada Familia, podemos sinalar que son máis de 200 rapaces de toda España os que participan no festival. Pero o que destacaría Velasco de todas estas xuntanzas dos colexios, son as convivencias. De feito, en Barcelona coincidiron máis de 1.000 rapaces, ao igual que nas últimas xuntanza en Gavá, Burgos, Palma, Madrid... A seguinte, veremos se pode ser en Fisterra e así aforrar as 16 horas de viaxe ata o mediterráneo... Gran satisfacción pois en Fisterra con este novo premio. Pero tamén en Carnota xa que Moncho é o mestre de gaita e percusión tradicional na Escola de Música de Carnota. Dende alí tamén lle mandan os mellores parabéns e se amosan moi orgullosos da vitoria.
Novas relacionadas
- Festival 2010: O Coro da Nosa Señora do Carme de Fisterra repite premio a nivel internacional .
- Festival 2009: Fisterra demostra en Madrid a súa vocación pola canción .
- O gaiteiro de Fisterra que leva o saber popular pola península .
- Un 12 sobre 10 para o Coro de Carnota .
- Un canto a Don Emerito .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).