Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta "lávase as mans" na polémica pola titularidade da recta da Anchoa

A Xunta "lávase as mans" na polémica pola titularidade da recta da Anchoa
Trala polémica ao redor da aprobación do PXOUM e a acusación por parte da Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra a Axencia Galega de Infraestruturas de tentar "torpedear e zancadillear" os intentos por aprobar o plan na vila do Cristo, chega agora un novo capitulo neste sainete. Resposta da AXI a polémica polo PXOM en Fisterra En resposta a unha nova pregunta da asociación que preside José Fernando Carrillo, o ente dependente da Xunta considera que "o problema da recta da Anchoa é un problema urbanístico, e polo tanto será o Concello de Fisterra o que deba buscar unha proposta que sexa técnica e socialmente viable". En resposta ao escrito da entidade veciñal fisterrá, a Axencia Galega de Infraestruturas considera que existen tres posibles solucións ao "desenvolvemento desordenado" en materia urbanística nesa zona. En primeiro lugar, que se manteña no PXOM a construción das vías de servizo solicitadas en 2004. En segundo, "a asunción por parte do concello da transformación urbanística feita, e a aceptación do cambio de titularidade a prol do Concello de Fisterra (...) desde o inicio da recta da Anchoa ata o final", un extremo que xa foi descartado polo actual alcalde no seu día. Por último, a AXI propón que "a traves do PXOM, (se acometa) unha ordenación detallada que mellorase a situación actual e que onde sexa posible inclúa vías de servizo, e onde xa non sexa posible, ordene os accesos á estrada"  

Comentarios