A Xunta recoñece que o treito sur da Autovía se realizarán cando San Xoán baixe o dedo
"Este segundo treito realizarase cando se poida pagar". Esa é a única resposta que obtiveron os membros da Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte", tras enviarlle unha carta á Conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez, na que lle preguntaban polo esquecido treito sur da Autovía Costa da Morte. Así, despois de moitas verbas, de recordar as bondades da execución (aínda polo 65% só do treito entre Carballo e Baio, que estará en funcionamento no verán do 2016), de que as expropiacións están pagadas, esqueceu sinalar o retraso de máis de 3 anos, e demostrou que o treito Baio-Cee non existe para este goberno.
A entidade fisterrá, que instaban a fixar uns prazos concretos para a contratación da segunda fase da construción da Autovía da Costa da Morte, valora positivamente o esforzo actual que beneficiará aos veciños de Bergantiños e Soneira, "mentres que os demais seguiremos cos mesmos problemas para o transporte e fóra da vertebración vial de Galicia". Pero sobre todo, os veciños fisterráns lamentan que "non se fixa prazo ningún para a contratación da segunda fase, entre Baio e Berdoias e só se di que estará a mercé das posibilidades económicas para podela acometer no futuro, o que en definitiva tradúcese no compromiso de "farase cando San Xoan baixe o dedo", ironizan.
"Mentres os visitantes que chegan a Fisterra e que a converten o segundo lugar que máis xente recibe logo da catedral de Santiago, seguirano facendo malia as estradas que temos e sufrindo o freo ao desenvolvemento industrial, comercial e turístico. Os fisterráns seguimos sendo marxinados nos investimentos públicos e condenados a ser, como dicía un político fai uns anos, a última reserva indígena", lamentan.
O colmo da peaxe
Despois dun ano pagando por unha peaxe de mentira na entrada da Coruña na AG-55, por mor das obras do enlace do Porto Exterior de Punta Langosteira, a Xunta ten o valor de "fachendear" por ter "desbloqueado un crédito para garantir a continuidade dos descontos na peaxe", en funcionamento dende 2010. Uns míseros descontos do 25% na viaxe de volta, sómentes cando se fagan no mesmo día e sexan pagando con Telepeaxe.
Comparar estas esmolas coa supresión da peaxe, como esixe toda a veciñanza da zona, roza o insulto.
ovas da Autovía
- 19-1015: A Autovía estará en funcionamento en verán de 2016, con 3 anos de retraso.
- 01-10-15: A Xunta asegura que realizou o pago de todos os terreos expropiados pola autovía Costa da Morte.
- 22-9-15: “Loading” Autovía Costa da Morte: 56%
- 21-07-15: A Xunta reduce o número de enlaces da Autovía.
- 27-04-15: Os veciños de Coristanco esixen a saída da Autovía.
- 23-04-15: A Xunta elimina dúas saídas da Autovía.
- 30-03-15: O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte.
- 16-03-15: Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- 16-03-15: Que pasa cas obras da Autovía feitas en Vimianzo?.
- 22-12-14: O BNG pide que a Autovía chegue a Cee.
- 09-12-15: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 27-11-14: Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?.
- 20-11-14: O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía.
- 12-11-14: A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte.
- 06-11-14: É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 21-10-14: O novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
- 16-10-14: As obras da Autovía non comezarán ata finais de 2014 e rematarán en outrubro de 2016.
- 29-09-14: Feijoo ratifica na súa visita a Camariñas que as obras da autovía se retomarán de forma inmediata.
- 24-09-14: O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía.
- 01-09-14: Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte.
- 25-08-14: Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía.
- Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 19-06-14: O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte.
- 10-03-14: Preguntando pola volta ás obras da Autovía.
- 05-05-14: A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte.
- 30-01-14: Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 03-12-13: A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano.
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
Artigos relacionaddos
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).