O incendio do retablo de Noicela en 1906
Na mañanciña do domingo 2 de decembro de 1906 aconteceu unha gran traxedia na igrexa de Santa María de Noicela, en Carballo: rematada a novena da patroa na tarde anterior, a da Inmaculada Concepción, unha candea quedou acesa no altar principal por descoido do sancristán, causando un desastroso incendio naquela noite. Así o explicaba nunha carta o párroco, don Cayetano Lojo Batalla, ao día seguinte: “Amanecido el domingo ha sido destruida por un incendio la parte principal de la iglesia de esta parroquia, o sea, el altar mayor en que se veneraban siete imágenes de muy buena escultura, ocho ángeles de bulto, todo cual fue pasto de las llamas (…) y aquellas imágenes de santos a los que en muchas ocasiones dirigieran plegarias para pedir para sus necesidades alivio, o manifestarle su agradecimiento por favores recibidos por su intercesión (…) las pérdidas son de grande consideración pues además de lo que había en el retablo que era de mucho mérito que contenía las referidas siete imágenes de la Purísima Concepción, varias alhajas de plata, la Virgen de la Saleta, San Agustín, San Roque, San Antonio Abad, Jesús Nazareno y un crucifijo de regular tamaño”. Aínda que nun principio se barallou a posibilidade dun atentado, a resolución final foi a imprudencia de deixar as candeas acesas.
Sen retablo, coa capela maior totalmente calcinada, os veciños puxéronse mans á obra segundo as súas posibilidades económicas. O 21 de xaneiro de 1907 elaborouse un presuposto de 3000 pesetas para un novo retablo. Como a cifra era naquel tempo bastante elevada, os fregueses contentáronse en ir adquirindo novas imaxes, como a de san Roque, do escultor Picón, ou unha Inmaculada, que debeu ser donativo dalgúns familiares do párroco, a familia “Lojo”, que foron asentadas en caixóns de pino pintados. Xunto coa Inmaculada, San Roque, a Saleta e o Neno Xesús, había unha Dolorosa moi deteriorada, en palabras do crego “causaba verdadeira dor”. O novo retablo foi fabricado en estilo Neorrománico e en madeira ao natural polo taller de Rodríguez e Puente, en Santiago de Compostela; sabémolo grazas a que, polos anos 40, esta sociedade publicou unha fotografía do expositor e o sagrario nunha tarxeta publicitaria.
Máis artigos de Luís Bermúdez
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños