Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Ábrese o prazo para anotarse nos talleres de informática de Fisterra

Ábrese o prazo para anotarse nos talleres de informática de Fisterra
O concello de Fisterra abre mañá, día 21, o prazo para anotarse nos talleres de Informática e Robótica dirixidos  rapaces e rapazas de 4 a 17 anos que se levarán a cabo nos meses de xullo e agosto. Os talleres de Informática destinados a nenos e nenas de 4 (nados no 2013) a 13 anos haberá varias quendas. Un primeiro grupo terá as clases do 3 ao 14 de xullo; a segunda quenda é do 17 ao 28 de xullo e a 3ª do 7 ao 18 de agosto. En cada grupo haberá tres turnos en horario de mañá. As clases impartiranse na aula de Informática Municipal, situada na Casa do Concello. En canto ao taller de Robótica - dirixido a rapaces e rapazas de 14 (nados no 2003) a 17 anos e empadroados no concello de Fisterra - desenvolverase do 21 ao 25 de agosto. As clases impartiranse na sala de usos múltiples situada na planta baixa do concello. Os participante no taller de robótica deberán traer o seu propio ordenador portátil. Os insterados en anotarse ou en ter máis información, poden informarse do 21 ao 28 de xuño de 9:30 a 14 horas na aula de Informática Municipal de Fisterra ou no número de teléfono  981740191. Cada persoa pode anotar un máximo de 2 participantes nos talleres.

Actividades con prazo de inscrición aberto

Novas relacionadas Fonte

Comentarios