A adaptación do Mercado Cultural de Fisterra como novo centro cultural terá unha subvención provincial de 200.000 euros
12:20 03/01/25
Xa foi estreado na máxica noite arredor do libro futboleiro de Bebeto. O novo auditorio do Mercado Cultural de Fisterra, no andar superior do mercado municipal, xa é unha realidade, solventando unha eiva grave, pois era o único concello da Costa da Morte que tiña que celebrar os eventos culturais no Salón de Plenos.
Para facer fronte ás obras, o deputado de patrimonio, Xosé Penas, e alcaldesa fisterrá, Áurea Domínguez, asinaron o acordo para que a Deputación faga unha achega de 200.000€, que supón o case 39 por cento do orzamento total da obra.