Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Alexandre Nerium presenta unha Antoloxía con máis de 250 autores que versan a Fisterra

Alexandre Nerium presenta a antoloxua
Alexandre Nerium presenta a antoloxua
Alexandre Nerium presenta unha Antoloxía con máis de 250 autores que versan a Fisterra
Alexandre Nerium presenta a antoloxía

Día especial para a Fisterranía este vindeiro martes 12 de outubro. O poeta do mar, Alexandre Nerium, presenta ás 17:00h na explanada do Faro, unha antoloxía poética con máis de 230 autores de todo o mundo que puxeron nun verso o nome de Fisterra. “Ara do Mar” (o altar do mar) é un libro editado por Eneidam, editorial madrileña, que valorou o encomiable traballo de 20 anos de busca e recompilación de poemas realizados, non só polo poeta fisterrán, senón tamén por xentes como Miro Villar, Xosé María Lema Suárez, Chisco Fdez. Naval, Emilio Arauxo… e un sinfín de compañeiros que foron aportando os poemas que se ían atopando vinculados ao noso “finisterrae”.

Son 450 páxinas nos que ademais tamén participaron 19 tradutores pois o libro está en 10 idiomas, con obras de poetas alemáns, ingleses, franceses, vascos, cataláns, casteláns… ata un en idioma maltés ou un indio.

O libro conta cun prólogo realizado por Méndez Ferrín, outro en portugués Ledo Ivo, un dos mellores poetas que deu Brasil, e outro do francés Alain Jegou, ademais dun epílogo de Darío Xoán Cabana.

Conta unha anécdota Alexandre: “tiña un poema en euskaro, e chamei a Yolanda Castaño a ver se coñecía alguén, e me puxo en contacto con Miren Agur, que me escribiu un poema precioso inédito ata esta obra, e xusto uns días despois entérome de que foi nomeada Premio Nacional de Poesía, a primeira poeta que gaña este galardón escribindo en vasco”, conta contentísimo. En total hai “máis 50 autores escribiron un poema para Fisterra porque llo pedín eu”.

Recoñece que houbo moitas idas e vidas nestes anos de traballo, con tempos nos que perdeu as forzas pola falta de recoñecemento por parte das editoriais a unha obra tan complexa. pero agradece a implicación de Eneida, que xa ten distribuido o libro por toda Galicia e Asturias.

O libro está vivo, e xa recoñece que dende que saíu apareceron máis poemas vinculados con Fisterra, que terán que quedar para a segunda edición. Ademais, ten esperanza de “que haia unha unión de todas as Fisterras do mundo, tanto na poesía como en todas as artes, e espero que saia unha antoloxía doutras Fisterras. Eu son moi iluso, pero por algo de empeza”, explica.

Na presentación estarán Xosé Luís Axeitos e Paco Fdez. Rei, ambos membros da RAG; as poetas Rosa Méndez e Branca Bilela, o poeta e presentador X.H. Rivadulla Corcón e o propio autor. Haberá un recital e Bieito Romero, e o seu fillo, farán unha actuación.

Novas relacionadas

Comentarios