Domingo. 27.09.2020
El tiempo

A Biblioteca da Fisterranía, un proxecto editorial para recuperar toda a obra feita na fin da terra

A Biblioteca da Fisterranía, un proxecto editorial para recuperar toda a obra feita na fin da terra

Esta semana Modesto Fraga aproveitaba a presentación da súa Antoloxía Amorosa, para anunciar un novo proxecto editorial. Unha iniciativa tremendamente ambiciosa, posta en marcha por un comité editorial composto por Ernesto Insua, Luís Lamela, Xoán Silva Pazos e Antonio Corbal (estes dous últimos autores da singular e moi seguida revista “Eló!”) que trata de facer “xustiza histórica, recuperando material xa moi difícil de conseguir".

”O proxecto xa está en marcha recuperando a memoria das persoas que nos precederon no tempo e que moita xente nin sequera ten coñecemento do importante que foi. Pero tamén van aparecer autores vivos, pois a día de hoxe, non é doado poder acceder a moitas das obras que as nosas autoras e autores foron dando á luz no seu periplo vital e creativo”, explica Modesto.

Así, clásicos como Francisco Recamán Esmorís, Desiderio Paz Figueroa “Don Emerito”, Ramón Marcote Miñarzo, Matias M. Escaríz, Casto M. Insua, Celia Rivas, Alejandro Finisterre, José Traba Lorenzo “Capitán Traba”; compartirán protagonismo con escritores e poetas actuais.

Esta colección de libros é un proxecto case que único en Galicia, para que institutos, colexios, bibliotecas da vila do Cristo poidan ter acceso a toda a obra feita na terra.

Primeiras obras que verán a luz

O primeiro libro sairá xa en primavera, e será obra ensaística de Francisco Esmorís Recamán, natural de Corcubión, pero foi médico en Fisterra. Un home de singular importancia na vila do Cristo pois foi membro da Real Academia Galega e ata fundou a Confraría. Publicou un par de separatas, que son moi dificiles de conseguila. Modesto conseguía unha da filla e así van reeditar, o “Finisterre, San Guillermo y su Ermita”, un traballo que ademais fala Camiño, adiantándose ao Xacobeo 2021.

A segunda obra que podería ver a luz, aló por comezos de verán, será a poesía completa do Capitán Traba, pai de Roberto. Un militar, que comparte orla co mesmo Rey Emérito Juan Carlos, e que, a pesar de todo, escribía en galego, do que se conservan varios manuscritos.

Novas relacionadas

comentarios