Alternativa presentou a súa lista en Fisterra

Primeira forza en presentar a lista completa de cara ás eleccións municipais de maio de 2023 en Fisterra. O Presidente de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, achegábase á vila do Cristo para presentarlle, xunto co fisterrán Juanfran Martínez, que forma parte da executiva do partido, as liñas principais da candidatura.
Ateigouse o Salón de Actos do partido para un acto no que a gan protagonista foi a candidata Áurea Domínguez. “Hoxe volveu quedar demostrado que Fisterra tamén carece de instalación e equipamentos que permitan desenvolver actos de diferentes tipoloxías, presentacións, exposicións, etc. “apuntaba a propia Domínguez en relación ao pequeno salón de actos.
“Estou moi contenta e ilusionada co proxecto que fomos capaces de construír e coas persoas que fomos capaces de integrar. Entendemos que fomos quen de conformar un grupo de persoas honradas, transparentes e libres de ataduras, que representan as catro parroquias do municipio e aos seus núcleos de poboación” expón Áurea Domínguez.
Non falou de posibles pactos, pero sinalou que se presenta “totalmente libre de ataduras. O meu único compromiso é cos veciños e veciñas de Fisterra. Ademais, preséntome contado co apoio de todos os compañeiros e compañeiras que formamos Alternativa dos Veciños e tamén coas forzas e ánimos de moitos veciños que desexan outra Fisterra moito mellor.
CANDIDATURA DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE FISTERRA
- 1. Áurea Domínguez Sisto, do núcleo de Sardiñeiro.
- 2. Francisco Martínez Traba, do núcleo de Denle.
- 3. Francisco Antonio Lestón Redonda, do nucleo de Sardiñeiro.
- 4. Judith Insua Sánchez, do núcleo de Vigo.
- 5. Sonia Fabregas Riveiro, do núcleo de Fisterra.
- 6. Daniel Marcote Papín, do núcleo de Fisterra.
- 7. Manuela Marcote Boullosa, do núcleo da Insua.
- 8. Carlos Díaz Rey, do núcleo da Anchoa
- 9. María Estela Canosa Martínez, do núcleo de Hermedesuxo.
- 10. Carmen Maria Oroña Canosa, do núcleo de Padrís.
- 11. Jose Raúl Gómez Rivera, do núcleo de San Martiño.
- 12. Rosa Maria Caamaño Vigo, do núcleo do Rial.
- 13. Isidro Soneira Rodríguez, do núcleo de Sardiñeiro.
- 14. Mario Rey Domínguez, do núcleo de Buxán.