Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Áurea Domínguez será a candidata de Alternativa dos Veciños Fisterra

Áurea Domínguez -Alternativa dos Veciños-Fisterra
Áurea Domínguez -Alternativa dos Veciños-Fisterra
Áurea Domínguez será a candidata de Alternativa dos Veciños Fisterra

Alternativa dos Veciños presentarase ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio no Concello de Fisterra. A lista estará encabezada por Áurea Domínguez Sisto. Esta veciña da parroquia de Sardiñeiro e licenciada en Dereito, leva máis de 20 anos exercendo como asesora fiscal, laboral e contable.

O grupo explica o nacemento desta lista: "Un grupo de veciños e veciñas do municipio da fin da terra, coñecedores da boa labor e das políticas desenvolvidas por Alternativa nos diferentes concellos da comarca da Coruña, puxéronse en contacto coa dirección do partido para estudar a posibilidade de presentar unha candidatura nas próximas eleccións municipais. Logo de traballar intensamente durante os últimos meses, conseguiuse construír un proxecto formado por un grupo de persoas honradas, humildes e traballadoras, que permitiron facer realidade a candidatura".

Aseguran que "Alternativa construirá en Fisterra un proxecto onde terán cabida todos os fisterráns e fisterrás que teñan ganas e ilusión de cambiar e mellorar Fisterra". Critican ademais que "o municipio de Fisterra atópase nunha situación moi complexa, de colapso político, con décadas perdidas de crecemento e desenvolvemento. É por iso que o Concello de necesita urxentemente un cambio de rumbo, para poder reverter as decisións erróneas e as malas políticas que se veñen facendo que lastran as oportunidades futuras de Fisterra".


 

Comentarios