Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Amorodio Teatro vai reflexionar a Fisterra sobre a lingua e a identidade galega

REINO DA EXTINCIÓN- AMORODIO Teatro_compressed copia
Amorodio Teatro vai reflexionar a Fisterra sobre a lingua e a identidade galega
Unha obra que vai funcionar nos centros de ensino, moi necesaria para crear conciencia sobre como estamos actuando respecto a lingua ou á nosa identida.

Este sábado 16 de outubro, Fisterra acolle unha obra moi especial. A compañía recén creada Amorodio Teatro chega á vila do Cristo para representar o “Reino da extinción”, unha comedia que fai reflexionar sobre a nosa relación coa lingua e a identidade galega.

REINO DE EXTINCIÓN

Recén saídos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, as Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco decidiron unir os seus camiños profesionalmente, e da man da dramaturga e directora Laura Porto lanzan esta singular proposta escenica.

”Nace da nosa idea de falar da cultura galega, da identidade, da historia que hai detrás deste concepto”, explica Raquel, que valora moi positivamente a resposta á estrea, celebrada en Vigo a comezos deste mesmo mes, e á última representación en Sanxenxo.

A de Fisterra será máis especial para un dos membros da compañía. Javi Castiñeira, malia medrar nos centros de ensino da Coruña, é natural de Quintáns, Muxía, onde pasaba e gozaba cada verán. “Teño moitas gañas de actuar “na casa”, de que me vexa a familia e os amigos”, apunta ilusionado sabendo que as entradas están esgotadísimas.

Cada un dos 4 actores ten un papel de personaxes de diferentes épocas, deixando patente que “cada un de nós temos unha idea diferente de Galicia. Eu, por exemplo, son un mariñeiro do século XVII, saio dunha época moi oprimida, pero a dama do século XIII estaba no máximo esplendor do país. Xogamos con todo iso, con esas diferentes formas de ver Galicia”, explica. 

Javi Castineira natural de Muxia-Amorodo Teatro
Javier Castiñeira é natural de Quintáns

Centros de ensino

Teñen xa cita para Caldas de Reis, pero esperan espallala polos Institutos. “É unha comedia pensada para case todos, a partir da adolescencia, e é unha obra que pode ser moi necesaria”, apunta. “Eu estudei en Coruña e no meu periplo botei de menos poder reflexionar sobre a identidade, sobre o uso da linguam, sobre “Por que me sinto galego?”. Por que na Coruña falo galego, e na aldea falo galego? preguntábame moito. Ese foi o maior shock cando saín, e me decatei que era unha mágoa falar castelán por medo ou por vergonza”.

Nesa reflexión participa o papel de Raquel, que vén de futuro e pon enriba da mesa a posible morte da lingua

Comentarios