Luns. 14.10.2024
El tiempo

A ANPA do Areouta seguirá cas mobilizacións ante a inútil reunión ca Xunta

Sardineiro en loita
A ANPA do Areouta seguirá cas mobilizacións ante a inútil reunión ca Xunta

Decepción total na expedición fisterrá que se desprazaba á Coruña para reunirse co Xefe Territorial de Educación e a Inspectora da zona. Chegaban ademais o teniente alcalde Kuka Sar e a Presidenta da ANPA Arco da Vella Tania Corujo, con certa esperanza, dada a premura coa cal a Xunta respondera á petición, cando o concello segue esperando dende hai mais dun ano por outra xuntanza arredor do CEIP Mar de Fóra

Pero "nada de nada" tras unha reunión sen políticos, na que os funcionarios se limitaron a explicar o que xa sabíamos: que os números que teñen os técnicos (con menos de 18 alumn@s toca agrupar) obrigan a tomar a decisión de agrupar toda Primaria nunha soa aula por primeira vez en Galicia. Unha decisión tomada xa o 20 de marzo, pero mantida en segredo, sen dar opcións ao centro, ao concello, ou ao pobo de Sardiñeiro, a intentar chegar a unha solución. De feito, a Xunta non acepta a 18ª matrícula presentada fóra de prazo para revocar a decisión, se ben os funcionaros non responderon por que non se lles avisou ata o 30 de xuño, sen marxe para actuar.

Proceso de desmantelamento

A conversa cos funcionarios fíxolle lembrar a Kuka Sar a conversa mantida hai 5 anos, xusto ao chegar ao goberno fisterrán, cun Xefe Territorial sobre o CEIP Mar de Fóra. “Lembro perfectamente que me dixo que os problemas no Mar de Fóra se solucionaban co alumnado do Areouta. Pregunteille se quería dicir que ían pechar o Areouta e só me respondeu o mesmo”, se cadra, facendo valer as verbas do responsable de CIG Educación na provincia, Alfonso Varela, de que esta medida forma parte da estratexia do Xefe Territorial como “unha enquina persoal” co centro.

Moción e mobilizacións

”Seguiremos cas protestas, a pesar de que foron moi claros, dicindo que dá igual o que fagamos ou aportemos non se pode revertir a situación para este curso, que a única opción é que o ano que vén haia 19 matrículas”, sinala Corujo, consciente de que un recorte este curso o que pode provocar, máis que conseguir novas matrículas, é perdelas.

En calquera caso, a ANPA continuará coas mobilizacións, mentres o BNG Presentarán en pleno unha moción para que o pleno responda ante o recorte.

Novas relacionadas

Comentarios