Venres. 29.03.2024
El tiempo

A aparición recorrente do chapapote do Prestige

A aparición recorrente do chapapote do Prestige
Pedra de chapapote atopada en Nemina outubro 2016-Foto-Felipe SarPedra de chapapote atopada en Nemina outubro 2016-Foto-Felipe Sar Pedra de chapapote atopada en Nemiña este xoves 6 de outubro 2016-Foto-Felipe Sar

Acode recorrente á chamada da natureza. Volve sempre á superficie, parece que para lembrarnos a enorme desfeita acontecida hai case 14 anos. O chapapote do Prestige segue aí, baixo o manto de area das nosas praias. Pero de cando en vez, agroma.

En marzo deste 2016 aparecía a praia muxiá regada de centos de galletas, como cazabamos no confirmando os estudos dos científicos sobre a presencia de toneladas de chapapote nas nosas praias.

Esta mañá de xoves 6 de outubro de 2016, un surfeiro atopaba esta enorme pedra de chapapote (comprobado cun pau) flotando entre as augas. unha pedra do tamaño dunha táboa de bodyboard.

Canto chapapote quedará aínda nos nosos fondos?

Pedra de chapapote atopada en Nemina outubro 2016-Foto-Felipe Sar 2 Pedra de chapapote do tamaño dunha táboa de body no mirador de Nemiña-Foto-Felipe Sar 2

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios