Venres. 29.03.2024
El tiempo

As obras do porto de Sardiñeiro non comezarán ata a primavera de 2011

As obras do porto de Sardiñeiro non comezarán ata a primavera de 2011
Un ano despois de que a Xunta prometese a construción do porto de Sardiñeiro (vemos a visita na foto), a Xunta ponse coas obras. Un porto que prometera Feijoo aos amigos do Porto de Sardiñeiro hai case que 2 anos e que o anterior goberno non quería ata hai un tempo. Así e todo, a Xunta afirma hoxe que o proxecto definitivo xa está rematado, e que as obras das futuras instalacións portuarias do Sardiñeiro entran na súa recta final para a súa licitación nas vindeiras semanas. O prazo para a súa execución será de 12 meses e conta cun orzamento duns 1,1 millóns de euros. Con todo as obras non comezarán ata a primavera de 2011.

Características técnicas

O proxecto contempla a creación dun muro-peirao composto por un espigón de defensa co seu correspondente espaldón, un peirao no final de dito espigón en dúas aliñacións, unha rampla para descarga e varada para as embarcacións e unha explanada para depósito de barcos. O proxecto contempla a creación dun pequeno porto ubicado nunha restinga saínte de rocha, anterior á praia de O Sardiñeiro, cunha incidencia mínima sobre esta xa que se apoia sobre ela. Inclúe a construción dun muro-peirao composto por un espigón de defensa co seu correspondente espaldón, un peirao no final de dito espigón en dúas aliñacións, ambas de 15 metros atracables e de 3 metros de calado. Tamén contempla unha rampla para descarga e para a varada das embarcacións e unha explanada para depósito de barcos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios