As obras do porto de Sardiñeiro non comezarán ata a primavera de 2011

11:30 10/12/10

Características técnicas
O proxecto contempla a creación dun muro-peirao composto por un espigón de defensa co seu correspondente espaldón, un peirao no final de dito espigón en dúas aliñacións, unha rampla para descarga e varada para as embarcacións e unha explanada para depósito de barcos. O proxecto contempla a creación dun pequeno porto ubicado nunha restinga saínte de rocha, anterior á praia de O Sardiñeiro, cunha incidencia mínima sobre esta xa que se apoia sobre ela. Inclúe a construción dun muro-peirao composto por un espigón de defensa co seu correspondente espaldón, un peirao no final de dito espigón en dúas aliñacións, ambas de 15 metros atracables e de 3 metros de calado. Tamén contempla unha rampla para descarga e para a varada das embarcacións e unha explanada para depósito de barcos.Novas relacionadas
- 18-12-09: Sardiñeiro terá porto.
- 30-11-10: O BNG apúntase ao porto de Sardiñeiro.
- 20-02-09: Os amigos do Porto de Sardiñeiro con Núñez Feijóo.
- A praia privada de Sardiñeiro .
Fonte
- Nota de prensa de Portos de Galicia.
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).