Luns. 25.10.2021
El tiempo

Atopan nas dunas da Langosteira o corpo sen vida dun alemán que levaba moitos anos en Fisterra

Dispositivo na Langosteira
Dispositivo realizado na Langosteira na mañá do domingo
Atopan nas dunas da Langosteira o corpo sen vida dun alemán que levaba moitos anos en Fisterra

”Peter” levaba máis de 15 anos en Fisterra, mantendo unha vida distinta, rodando na bici, pedindo esmolas a cambio de cunhas singulares… Unha cara máis que coñecida na vila do Cristo.

Hai pouco tivera que pasar polo Hospital de Cee onde lle diagnosticaron problemas no pancreas. Tras pasar uns días no centro hospitalario volvía á Langosteira, onde vivía nunhas tendas de campaña moi camufladas entre as dunas.

Foi alí onde o atopaban esta mañá de domingo 26 de setembro, cun cheiro que fai pensar que podía levar varios días sen vida.

Dende o Concello levaban tempo buscándoo para avisalo de que tiña que sacar as tendas de campaña do lugar.

comentarios