Martes. 19.03.2024
El tiempo

A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía

A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía

O mes de marzo é o mes de Celia Rivas Casais. Así o celebra a Galería Mulleres, que artella o Concello de Muxía a través do Departamento de Servizos Sociais dende a Galería Mulleres. Unha Galería que serve para ir lembrando, mes a mes e nome a nome, aquelas mulleres que fixeron país.

Celia Rivas: Fisterra (A Coruña)1.912-1.974

Celia Rivas foi a primeira muller camioneira do Estado español. Muller traballadora e emprendedora, herdou o oficio do seu pai, conseguindo ademáis dar traballo a outras persoas de Fisterra. Celia Rivas Casais, pertencente á familia coñecida coma “As Lavancas” , representa ás mulleres traballadoras que souberon sair adiante nun mundo de homes e nunha época especialmente difícil polas condicións económicas e a guerra civil.

Co seu esforzo conseguiu montar unha empresa de conservas e venta de peixe. Muller moi querida e lembrada en Fisterra.

Na Biblioteca da Muller

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar o libro:

  • “CELIA RIVAS CASAIS. PIONEIRAS DA COSTA DA MORTE”. De Lilí Díaz Rivas e Benjamín Trillo; Editado pola Xunta.

Máis información

Novas relacionadas

  • /content/view/2965/57/">Fisterra homenaxea a Celia Rivas e as Pioneiras do século XX .

Galería Mulleres

Fonte e máis información

Comentarios