Sábado. 02.03.2024
El tiempo

A cativada do Colexio Nuestra Señora de Fisterra estrea comedor

Comedor do Colexio de Fisterra
A cativada do Colexio Nuestra Señora de Fisterra estrea comedor

Tras un inicio de curso en clave de Harry Potter, a cativada do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra vén de estrear o comedor. 

"Cremos que é un servizo moi necesario, cada vez temos máis familias monoparentais ou nas que traballan os dous proxenitores. Ademais, agora é un feito que os nenos nacen máis tarde, e a axuda que poden prestar os avós para coidar netos ás veces se reduce. Todo isto levounos a apostar decididamente polo futuro do comedor escolar", explican dende o centro. "Contamos coa participación de todo o profesorado. Cada día somos catro os que custodiamos o comedor. A acollida é fantástica. Esta semana servimos uns 25 menús ao día".

A comida chega o restaurante Chicolino, un dos referentes da hostalería en Galicia. "Estamos moi emocionados e agradecidos".

Comedor do colexio de Fisterra 2

Comentarios