Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Concello de Fisterra segue esixindo un paso de peóns na Recta da Anchoa

Recta Anchoa a 50
O Concello de Fisterra segue esixindo un paso de peóns na Recta da Anchoa

Tras conseguir, en poucas semanas, un sinal de 50 e a prohibición de adiantar, o goberno municipal de Fisterra segue intentando mellorar a seguridade da Recta da Anchoa. Pero queda moito para humanizar a entrada da vila, e por iso, a rexedora Áurea Insua (Alternativa dos Veciños), mantivo unha nova reunión coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, onde deixou claro que “é imprescindible instalar pasos de peóns e comezar coa humanización de toda a recta da Anchoa”.

“Podemos dicir que saímos con moi boas sensacións da reunión que mantivemos coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, xa que se comprometeu a estudar o proxecto que lle presentamos e, se era viable, a poñelo en marcha o máis axiña posible. A conselleira entende a necesidade urxente de instalar pasos de peóns neste tramo para garantir a seguridade dos peóns” explica Áurea Domínguez.

“Esperamos que se poida desenvolver o proxecto que lle presentamos á Conselleira Ethel Vázquez e que se poida empezar a humanizar a recta da Anchoa coa instalación de seis pasos de peóns e os necesarios tramos de beirarrúas para poder instalalos” matiza.

Máis novas

Comentarios