Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos

Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos
O muxian Abdulaye Fall Seck nun partido ante o Corme-foto-Fin Lema O muxián Abdulaye Fall Seck nun partido ante o Corme-foto-Fin Lema

Conmocionada está a Costa da Morte tralo facelecemento dun rapaz de 15 anos durante o trancurso dun partido do Fútbol da Costa. O campo muxián de Arliña acollía esta mañá de sábado 23 de abril, o choque da última xornada da 1ª Cadete entre o equipo local e o Fisterra. E no descanso, Abdulaye Fall Seck, que viña de xogar toda a temporada co equipo roxiño, perdía o coñecemento nos vestiarios.

Segundo informa o 112, o rapaz faleceu ao tragar a lingua. Abdulaye leva 5 anos na Costa, e a súa familia senegalesa traballa no mar.

Os membros das directivas muxiá e fisterrá intentaron facer todo o posible por reanimalo. Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar ata o campo de fútbol unha ambulancia e tamén o helicoptero medicalizado con base en Santiago. Pero tardou preto de 45 minutos e o rapaz faleceu instantes despois de que a aeronave chegase á localidade.

No operativo de asistencia á vítima tamén participaron membros de Protección Civil e da Policía Local, alertados polo 112 Galicia. Ademais, a Garda Civil enviou ao lugar unha patrulla nada máis coñecer a morte do rapaz. O persoal do Centro de Atencións ás Emerxencias do 112 Galicia xa solicitou a intervención do GIPCE, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para asistir aos familiares do menor.

Partido suspendido

O tráxico suceso provoca a suspensión dun partido importante que se ía xogar este domingo, o Muxía-Nantón que ía acoller Arliña no que sería a volta das semifinais da Fase de Ascenso á 2ª.

Dende aquí queremos enviar unha enorme aperta á familia do deporte muxián, tras este triste episodio.

Fonte

Comentarios