mércores. 30.04.2025
El tiempo

Continúa a busca de Adriana pola costa de Fisterra

Busca adriana fisterra
Continúa a busca de Adriana pola costa de Fisterra

Continúa activa a busca de Adriana, a menor de 14 anos de Ordes desaparecida desde o martes pasado. A última novidade foi que un veciño atopou este sábado a súa mochila na praia de Mar de Fóra, onde se localizara o último sinal do seu teléfono móbil.

O 112 e a Garda Civil están realizando, co GEAS, un operativo de busca, por terra, mesmo con drons, por zonas de cantís. 

A intención era a de facer busca por mar, pero nin sábado nin domingo puideron saír o mergulladores polo mal estado do mar.  

Hoxe luns hai patrullas de seguridade cidadá pola costa pero dende terra, e os GEAS van intentar realizar operacións de busca submariña.

Comentarios