mércores. 04.12.2024
El tiempo

Critican a concesión do Semáforo do Faro Fisterra

Critican a concesión do Semáforo do Faro Fisterra
O Hotel Semaforo do Cabo Fisterra

Xa o Faro (pechado este comezo de ano) é un verdadeiro desastre, pola nefasta organización do Concello e da Asociación Neria, non cabe dúbida de que o hotel e a cafetería ao pé do Faro debe ser un emblema turístico da marca Fisterra, son demasiado importantes para a imaxe da Costa da Morte.

Por iso, a concesión do “Hotel Semáforo” e a cafetería “O Refuxio” próximos ao Faro de Fisterra están tendo protagonismo. Unha concesión que arrinca coas críticas do BNG fisterrán, que rexeita no Pleno os pregos do procedemento de concesión e mesmo que non participará na mesa de contratación. O BNG pide máis flexibilidade para favorecer a concorrencia competitiva de posibles ofertas, i é que segundo o grupo da oposición, “a configuración das condicións económicas limita a posibilidade de presentarse a pequenas empresas turísticas”.

O grupo cuestiona que a concesión chegue ata o ano 2030, entendendo ademais que “calquera procedemento de adxudicación debe favorecer o maior número de ofertas posibles para, entre elas, escoller a proposta máis equilibrada entre as prestacións a ofrecer e o canon a pagar. Pero tamén ofrecer a posibilidade de que máis empresas locais ou da comarca poidan ter opcións reais.”

O único argumento do alcalde parece ser unha simple “actualización da anterior concesión”

O BNG defende un modelo semellante ao que rexe o Hotel Semáforo en Estaca de Bares, onde o canon págase mensual ou trimestralmente. “Esta medida permitiría que as ofertas e a baremación de puntos se centrara máis nas propostas técnicas da prestación do servizo, calidades, melloras, e plan de mantemento e conservación das instalacións. Tamén defende unha concesión por un tempo máximo de 10 anos, tempo suficiente para facer máis que rentable as inversións de melloras que debe soportar o adxudicatario”, sinalan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios