Venres. 26.04.2024
El tiempo

De Dublín ata Fisterra a remo

De Dublín ata Fisterra a remo
  Dómhnall Mac Síthigh, Breanndán Ó Beaglaoich, Breandan Ó Muircheartaigh e Liam Holden no seu regreso a Dublin Dómhnall Mac Síthigh, Breanndán Ó Beaglaoich, Breandan Ó Muircheartaigh e Liam Holden no seu regreso a Dublín Verán 2016. Esta é a data na que catro irlandeses se propoñen rematar o seu peculiar Camiño de Santiago que iniciaron hai dous anos. Aló polo verán de 2014, estes catro tripulantes partiron dende o condado de Kerry, ao suroeste de Irlanda,  nunha embarcación tradicional de remo, coñecida como naomhóg, para completar a primeira das tres etapas en que dividiron o Camiño. Cunha media de sete horas diarias remando, os intrépidos viaxeiros chegaron ata a localidade de Audierne, na Bretaña francesa. O lixeiro deseño do naomhóg, ao que equiparon de mástil e vela, permitiulles deslizarse con facilidade entre as ondas.   Os catro tripulantes irlandeses na súa chegada ao porto de Pasaia, no verán pasado Os catro tripulantes irlandeses na súa chegada ao porto de Pasaia, no verán pasado Ao verán seguinte (2015), volveron ao punto de partida para chegar ata o porto de Pasaia, en Gipuzkoa, completando así a segunda etapa do camiño. Os 700 quilómetros da terceira e última etapa, de San Sebastián ata Fisterra, espérana completar o vindeiro verán (2016). A tripulación está formada polo equipo Naomhoig Na Tinte, que está integrado por Danny Sheehy (escritor), Breanndán Ó´Beaglaoich (músico), Liam Holden (pintor) e Brendan O´Mhuirceartaigh (canteiro-albanel) con idades comprendidas entre os 50 e os 66 anos. Con esta particular forma de facer o Camiño de Santiago, os peregrinos pretenden rememorar a viaxe dos celtas cara a Galicia, o que eles califican dunha "viaxe histórica e mitolóxica". Un dos tripulantes colgou a súa compostelana nas redes sociais antes de emprender a segunda etapa do Camiño Un dos tripulantes colgou a súa compostelana nas redes sociais antes de emprender a segunda etapa do Camiño A idea de facer o Camiño de Santiago polo mar xurdiu dunha forma moi peculiar. Primerio valoraron a posibilidade de facer o camiño de Santiago a pé. Pero a súa afección polo mar levounos a pensar na historia e, convencidos de que xa existían rutas marítimas entre estas dúas localidades, decidiron investigar para seguir o itinerario dos antigos celtas. Nas dúas primeiras etapas do Camiño polo mar os peregrinos atopáronse con varias dificultades xa que o pequeno tamaño da embarcación fai que sexa moi vulnerable ao vento, polo que máis dun temporal obrigounos a acudir ao porto máis próximo. Como media, os peregrinos reman unhas sete horas ao día, ainda que depende moito das condicións que atopen. Reman durante unha media de sete horas ao dia Reman durante unha media de sete horas ao día Os peregrinos viaxan acompañados do xornalista Dónal Ó Ceilleachari, que espera en cada porto a chegada dos tripulantes para gravar un documental sobre a aventura. [fbvideo link="https://www.facebook.com/772817366066389/videos/1086102054737917/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]   Fonte

Comentarios