xoves. 08.05.2025
El tiempo

Denuncia varios envelenamentos a cans nun parque de Fisterra

Denuncia varios envelenamentos a cans nun parque de Fisterra
Parque da Igrexa de Santa Maria das Areas en Fisterra

Escríbenos hoxe un veciño de Fisterra que quere facer pública asúa denuncia ante o Seprona, polos posibles envelenamentos que sufriron os seus cans. Xa é o terceiro no último ano que morre tras inxerir algún produto envelenado no parque da Igrexa de Santa María das Areas.

Este veciño, ademais de querer facer pública a denuncia ante tan desalmada acción, quere avisar e intentar que se precinte o parque por medo a que algún neno ou algún outro can poidan morrer.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios