Denuncian que un bus de Fisterra non para en Cee prevalecendo o carto do peregrino


Recibimos unha chamada o pasado xoves ben simbólica. A nosa loita polo servizo de transporte público da Costa da Morte continúa e hoxe facemos pública a queixa dunha veciña de Fisterra. Ana Lourido cóntanos como o seu fillo non puido ir varios días a tempo ao instituto de Cee porque ao condutor de Monbús non lle saíu a conta.
I é que segundo sinala, "se hai moitos peregrinos que volvan a Santiago, Monbús decide non parar en Cee e seguir dirección Santiago". Así o sinala Ana, que denuncia que "prevalece o carto do peregrino que as necesidades dos veciños".
Ana chamou á empresa e lle dixeron que saía un bus de reforzo de contado... ás 11:00h da mañá... "O meu fillo só chegaría con 3 horas de retraso ao instituto"... bromeaba Ana.
Un problema que non só atinxe aos alumnos fisterráns, senón que os traballadores que utilizan o transporte público tamén se ven claramente perxudicados. "Á xente que ten que entrar a traballar non lle queda outra que pagar un taxi por 12€".
Seguimos cara atrás na loita por un servizo de transporte colectivo digno na Costa da Morte.
Máis información
- www.busescostadamorte.com.
- Cartel Buses Costa da Morte 2012 [pdf].
- Facebook: Autobuses Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O deficiente servizo de Autobuses da Costa da Morte pendente dun fío.
- Á fin do mundo en autobús.
- QPC cos Autobuses da Costa da Morte.
- QPC leva os horarios de autobuses integrados pola Costa da Morte .
- A única e olvidada estación de buses da Costa da Morte .
- A necesidade dun Plan Integral do Transporte Público na Costa da Morte .
- A pérdida de servizos pola segregación de Arriva é evidente .
- Editorial: A voltas cos autobuses da bisbarra .
- Están implicados os concellos na loita polo transporte colectivo? (II).
- Están implicados os concellos na loita polo transporte colectivo?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).