Denuncian que é a terceira vez que usan a súa finca como vertedoiro ilegal
10:28 06/06/23
Así amencía esta fin de semana unha finca privada de San Martiño de Arriba, en Fisterra. Algún desalmado levaba esta montaña de cascallos ata esa finca de difícil acceso, no canto de avisar ao Concello.
Esta é a terceira vez que lle deixan así a finca ao propietario. Se desta volta son restos de obra, anteriormente xa foron neumáticos e outros refugallos.
O peor é que as veciñas afectadas chamaron ao Seprona e a resposta foi que se non saben quen foi que non poden facer nada e é máis, que o propietario ten que retirar todo o material porque lle pode caer unha multa.