Venres. 29.03.2024
El tiempo

Desaparece outro peregrino na costa fisterrá

Desaparece outro peregrino na costa fisterrá
praia mar de fóra, fisterra, finisterre, galicia, playa A praia de Mar de Fóra, como a do Rostro que vemos na imaxe de hai uns anos, soe vivir episodios desgraciados-Foto-Marcos Rodríguez

Nova alerta durante a tarde de onte na costa de Fisterra. Durante a tarde de onte varios veciños atopaban na Praia do Rostro, unha mochila con obxectos persoais dun peregrino francés, de 48 anos.

Un equipo de Salvamento Marítimo, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Fisterra xa montaron un dispositivo na súa búsqueda. As forzas de seguridade manteñen aberta unha investigación, mais, unha das opcións que barallan é que o home se puido adentrar no mar. O veciño que atopou a mochila e outros dos seus obxectos persoais comunicou os feitos ao persoal do CAE 112 Galicia arredor das 18:00 da tarde de onte. A partir de aí, os xestores do 112 se puxeron en contacto con Salvamento Marítimo, Policía Local e Garda Civil e Protección Civil da localidade que, de seguido, activaron a busca, aínda en proceso.

Dispositivo de busqueda do peregrino frances en Fisterra Dispositivo de búsqueda do peregrino francés en Fisterra  

Nova relacionada

Máis novas

Fonte

Comentarios